
Andaina familiar enmarcada no programa MÁIS QUE UN TEITO
19 mayo, 2025No marco dos programas » Entre todos» «Máis que un teito » «En familia todos contan » O equipo de prevención de condutas adictivas da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín levou a cabo unha escola de pais e nais no CEIP Vicente Risco de Cualedro onde compartiu con pais/nais e tutores de familia informacións coma a importancia da relación pai/nai para a educación ,a motivación no desenvolvemento da personalidade ,as habilidades de comunicación , o establecemento de normas e límites ,promovendo a importancia da prevención e acompañamento na formación dos nosos nenos /ás.
Agradecemos ao CEIP Vicente Risco e a tódolos asistentes polo seu interés e compromiso en cuidar e construír un entorno máis saudable.

